Axudas complementarias a Erasmus+

02 Xan 2023

A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado das universidades de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2022/23.

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.

A listaxe de países por cada un dos tres grupos é a seguinte e pódese consultar na guía do programa Erasmus+ no enlace da Comisión Europea:
https://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources/programme-guide_es 

Grupo 1
Países do programa con custos de vida superiores:
Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Suecia.

Grupo 2
Países do programa con custos de vida medios:
Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos, Portugal.

Grupo 3
Países do programa con custos de vida inferiores:
República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia, Turquía.

A presentación das solicitudes realizaranse a través do formulario normalizado ED417A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de febreiro de 2023.
Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2023 e en orientacion.sug@edu.xunta.es