Bolsas Canadá 2023-2024 - 1º de Bacharelato en Canadá

28 Dec 2022

O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Educación, Memoria histórica, Innovación, Industria e Emprego convoca o programa "A Coruña no mundo: Bolsas Canadá 2023-2024 - 1º de Bacharelato en Canadá", no que se ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o grao 11 en Canadá, equivalente a 1º de Bacharelato, así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

A estadía en Canadá comezará en agosto de 2023 e finalizará en xuño de 2024

Prazo de inscrición

Dende o 09/01/2023 ata o 20/01/2023
As persoas interesadas no programa deberán inscribirse en liña na web www.coruna.gal/educacion , mediante o seguinte formulario.
Feita a inscrición o sistema elabora un xustificante que se envía ao correo-e facilitado na solicitude e que ten un número de asignación (ID) de referencia de cada expediente no proceso.
A documentación e o xustificante da inscrición asinase pola persoa solicitante e os seus titores legais e presentarase nos rexistros municipais, ou en calquera dos lugares establecidos na Lei 39/2012 do Procedemento Administrativo Común das AAPP, ou na sede electónica https://sede.coruna.gal/

Requisitos
Alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra o seguintes requisitos:

- Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude
- Estar matriculado e cursando 4º de ESO no curso 2022-2023 nun centro da cidade da Coruña.
- Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa no curso 2021-22
- Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés) no curso 2021-22.

Dotación

a) Bolsa total: serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9000 € anuais de renda per cápita.
b) Bolsa parcial: as familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo dun 95% do prezo da praza (as porcentaxes que corresponde aboar ás familias variarán en función da renda per cápita)

Máis información
Páxina web
Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña
Casa Paredes. Avd. da Mariña, 18- 2º (15001 - A Coruña)
Tel.: 981 184 200
correo-e: educacion@coruna.es