THE CHALLENGE: unha oportunidade para o cambio educativo

28 Dec 2022

The Challenge by EduCaixa é unha oportunidade para impulsar o talento e converter ao alumnado en worldshakers: mozos comprometidos cos retos do século XXI.  Trátase dunha proposta para que o alumnado —e os seus docentes—, a partir dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, identifiquen unha causa que lles mova e que desenvolvan iniciativas que contribúan á súa consecución.

A partir do traballo desenvolvido na aula, os equipos poden presentar os seus proxectos a The Challenge e optar a dous premios —un Campus en Barcelona e unha Viaxe formativa a unha cidade dos Estados Unidos—, deseñados en forma de experiencias de aprendizaxe activa, colaborativo e vivencial entre pares, co recoñecemento de referentes, o apoio de mentores e unha facilitación e un acompañamento especializado.

Quen pode participar?

Poden participar docentes de toda España e Portugal co seu alumnado de 3º e 4º ESO, FPB, 1º e 2º Bacharelato ou CFGM.
Trátase de formar equipos de 3 ou 4 integrantes, traballar un proxecto aliñado cos ODS e presentalo antes do 1 de marzo.
Este ano, para participar na nova edición de The Challenge 2023, admítense proxectos traballados cos programas de EduCaixa (serviranche como orientación para aplicar as metodoloxías activas) ou por conta propia.

Dotación

De tódolos proxectos que se presentan á convocatoria, elíxense 100 para participar no Campus presencial de Barcelona. Un xurado avaliará cada un deles e premiará un total de 15 proxectos. Os estudantes dos devanditos proxectos viaxarán ata Estados Unidos para recibir orientación e consellos de referentes profesionais e innovadores.
Pero, aínda así, todos os participantes no Campus teñen a oportunidade de presentar as súas ideas á incubadora NEXT, onde poderán levar os seus proxectos máis aló e desenvolvelos no mundo real.

 Web EduCaixa | Guía de participación |  Bases da convocatoriachallenge@educaixa.org | Tlf.: 610 46 96 50