Convocatoria 2023 Bolsas Excelencia da Fundación hna para estudos de posgraduado en arquitectura, arquitectura técnica e química

28 Dec 2022

A 'Fundación hna' convoca 3 Bolsas de Excelencia para estudos de posgraduado en arquitectura, arquitectura técnica e química para menores de 35 anos.

A elección dos seleccionados para obter unha bolsa producirase nun prazo máximo dun mes, en marzo de 2023; tendo ata o 28 de febreiro de 2023 para solicitar unha delas: http://ow.ly/atzh50Me8hN

Toda a información está dispoñible na web de Fundación hna. A documentación para a inscrición deberanse presentar por correo electrónico a: fundacion@hna.es

Requisitos
Ter a nacionalidade española ou permiso de residencia en España.
Non cumprir 35 anos no momento de presentar a solicitude.
Estar en posesión do título grao en arquitectura, arquitectura técnica (ou grao de diferente denominación pero mesmo efecto profesional) ou nunha titulación universitaria fundamentada na ciencia e tecnoloxía químicas expedido por unha universidade española, ou poder acreditalo.
Non haberse graduado ou, no seu caso, completado os estudos de máster habilitante en arquitectura, nunha data anterior a 4 anos no momento de facer a solicitude.
Coñecemento pleno do idioma en que vaian desenvolverse os estudos de posgraduado, en caso de ser distinto ao español, acreditable documentalmente cun título oficial.
Non percibir con anterioridade outra bolsa de excelencia de Fundación hna.
Ter un expediente académico excelente.

Dotación
A contía da axuda poderá ascender ata un máximo de 10.000 euros.

Para a valoración da contía concreta concedida, Fundación hna terá en conta o custo da matrícula e o custo da vida no país de destino, se aplica, así como a renda familiar de quen solicita a bolsa.


Páxina web | Bases da convocatoria | fundacion@hna.es | Tlf.: 913 343 399