A Fundación ONCE convoca as bolsas de formación individual para estudantes con diversidade funcional no marco do Programa Por Talento Dixital co fin de apoiar a incorporación a accións formativas no ámbito tecnolóxico e dixital das persoas con discapacidade e promover así a súa inclusión e impulso laboral en empregos técnicos especializados e altamente cualificados.
Requisitos
Estudantes de 16 anos ou máis.
Con discapacidade legalmente recoñecida igual ou superior ao 33%.
Posuír, polo menos, o título de Educación Secundaria Obrigatoria.
Estar prerexistrados/as, matriculados/as ou cursando un programa formativo no ámbito tecnolóxico e/o dixital no momento da solicitude telemática.
A bolsa concedida ascenderá ata un 80% da contía total da acción formativa e ata un máximo de 10.000€.
A Convocatoria de bolsas de formación individual conta con colaboracións especiais con centros educativos como Ironhack e A tecnocreativa.
A Convocatoria permanecerá aberta ata esgotar a dotación económica establecida; aquí podes ver o díptico e o formulario de inscrición para facer a túa solicitude telemática.
Páxina web | Bases da convocatoria | Formulario de inscrición | portalentodigital@fundaciononce.es