"Fin de Ano Trimestre" no IES Castro Alobre

26 Dec 2022
Os/as correspondentes do IES Castro Alobre (alumnado de 3º da ESO de Proxecto Competencial) organizan un “Fin de Ano Trimestre” no Centro. Aproveitando a ocasión para mostrar o labor que están a realizar como Correspondentes e para anunciar o Voluntario Lingüístico que están a formar co obxectivo de axudar a persoas que chegan doutros países e de visibilizar a diversidade cultural e lingüística do instituto. 
 
Ademais, presentaron tamén ao seu equipo e tamén os/as embaixadores/as de cada comunidade cultural (Marrocos, Senegal, Burundi, Paquistán, Portugal, Brasil, Ucraína, Colombia, Arxelia, Romanía, República Dominicana, Venzuela e Cultura Xitana), recibíndoos cun forte aplauso. 
 
Posteriormente, ás 12:00, déronse as badaladas que marcan o fin de trimestre e desexaron a toda a comunidade educativa presente un marabilloso segundo trimestre.
Para rematar, como en toda festa que se preste, tiveron tempo para a música e a danza. Douscentos alumnos/as bailaron unha coreografía realizada por Marga, profesora de E.F., e para amenizar o fin de mañá contouse coa presenza de dous DJs que fixeron desfrutar e acabar o trimestre cun bo sabor de boca.