Axudas públicas para a promoción do sector do videoxogo e doutras formas de creación dixital 2022 - 2023

20 Dec 2022

O Ministerio de Cultura e Deporte multiplicou ata os 8 millóns de euros a liña de axudas para a promoción do sector do videoxogo e outras formas de creación dixital correspondente a 2022 e 2023. Enmarcada no Hub do Videoxogo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, nesta segunda convocatoria esténdese a experiencias narrativas en metaverso, incubación e aceleración de proxectos dixitais, eventos profesionais e exposicións culturais vinculados co sector.

Obxecto
A presente liña de axudas ten por obxecto o apoio ao ecosistema de dito sector, tanto para a preprodución, produción e distribución de videoxogos e doutras formas de creación dixital, como para programas de incubación, mentorización ou aceleración de proxectos relacionados co sector.

Estas axudas teñen como finalidade o financiamento de proxectos de investimento para mellorar a competitividade do sector do videoxogo e da creación dixital, mellorar a súa resiliencia e impulsar a súa internacionalización no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios os profesionais rexistrados no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, as microempresas, pequenas e medianas empresas, sexan de nacionalidade española, de calquera Estado membro da Unión Europea ou dos Estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e teñan residencia fiscal en España.

Contía
A contía total destinada ás presentes axudas será de 8.000.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes
Pódese realizar a presentación de solicitudes desde o 09/01/2023 ata o 27/01/2023 ás 14:00 horas.

 

Máis información

Páxina web

Publicación BOE

ayudas.industriasculturales@cultura.gob.es 

Tlf.: 697 219 951 / 697 219 952 / 91 701 62 06