ICEX Vives é un novo proxecto formativo, no que se axuda a impulsar a internacionalización das empresas españolas conectándoas con talento novo con custo cero. Unha experiencia única na que se prevé a oferta de 2000 prácticas cunha duración entre 6 e 12 meses, que poderán solicitarse a partir de xaneiro de 2023. Un destino no estranxeiro, nun único país ou en varios, sempre na mesma empresa.
Mediante este proxecto apoiase aos mozos e mozas para que vivan unha experiencia formativa única e enriquecedora, e ás empresas para que atopen o talento que impulse os seus procesos de internacionalización.
Iniciativa financiada polos fondos Next Generation EU dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, enmarcado no compoñente C13 'Impulso á Peme', cuxo principal obxectivo é impulsar a recuperación e modernización do noso país. Está dotado cun orzamento de 60 000 000 de euros para o período comprendido entre 2022, 2023 e 2024
Requisitos
Ter entre 18 e 30 anos, nacionalidade española ou da UE, titulación universitaria de grao ou de técnico medio ou superior de Formación Profesional, e querer vivir unha experiencia internacional.
Prácticas formativas en calquera disciplina, non importa cal sexa a túa especialización.
Dotación
Dotación económica en función da cidade/país de destino: entre 21.000 € e 46.000 € ao ano.
Seguro de asistencia médica e de viaxe a cargo de ICEX.