Equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Campo de San Alberto

14 Dec 2022

O IES Campo de San Alberto - Noia envía unha foto do equipo de Correspondentes Xuvenís 3.0.

Equipazo formado por Yasir, Joel, Álex, Brais, Gisela, Javiño, Eloy, Raúl, Francisco, Kevin, Lucas, Aitor, Borja, Iria e Patricia que veñen de preparar e organizar o 20 de Novembro, o Día internacional da Infancia para concienciar a Comunidade Educativa de que é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

E por isto aproveitan o momento actual que estamos a vivir para pór en marcha a Campaña de Recollida de Alimentos da Infancia-Noia 2022.

A Campaña de Alimentos faise baixo o formato de “LUNS SOLIDARIOS”, de tal xeito que unicamente son os LUNS os días habilitados para levar os alimentos e produtos de primeira necesidade, comezando o 28 de Novembro e rematando o 19 de Decembro.

Dentro dos alimentos e produtos de primeira necesidade infantís que máis escasean e teñen unha grande demanda son leite, potitos, galletas, cereais, cueiros, toallitas, xabón, produtos de limpeza...

Queren agraceder a toda a Comunidade Educativa a súa colaboración e axuda.

Parabéns pola iniciativa!