Video contra a violencia de xénero

14 Dec 2022

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol elaborou un video polo 25 N para colaborar na erradicación da violencia de xénero.

Tras participar nun club de lectura da obra Masculino Singular de Carlos Negro expresáronse alto e claro contra a violencia machista "para limpar para sempre o sangue das baldosas".

 

b25N2

 

Agora están preparando unha campaña solidaria para recadar fondos para ACNUR o día 22 de decembro.

Parabéns!!