A mocidade galega de 16 a 34 anos supera a media nacional no uso de internet

12 Dec 2022

A totalidade dos galegos de 16 a 34 anos empregan Internet e superan a media estatal no uso habitual da rede e nas compras online.

O 98,3 % dos nenos e nenas galegos de 10 a 15 anos empregan o ordenador e sitúase á cabeza no uso deste equipamento TIC no ranking por Comunidades Autónomas, 5,2 puntos por riba da media estatal. O 95,6 % destes nenos e nenas usaron internet nos últimos 3 meses, tamén por riba da media estatal.

Son parte dos datos publicados  polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2022, que constata os bos resultados dos indicadores de uso das TIC entre as persoas máis novas.

Son datos da Enquisa de uso TIC nos fogares 2022 do INE, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

http://www.osimga.gal/gl/novas/os-galegos-e-galegas-de-16-34-anos-superan-media-estatal-no-uso-de-internet-e-do-comercio