I Premio Relato filosófico xove Filosofía&co

05 Dec 2022

Nace o I Premio Relato filosófico Xove FILOSOFÍA&CO, co que se quere buscar e destacar o talento xuvenil no ámbito do pensamento e seguir mostrando que é posible facer da actividade filosófica algo accesible para todo aquel que teña interese por atreverse as súas portas.

A temática do relato será filosófica, valorarase positivamente a creatividade dos autores e as autoras para enfocar os temas propostos.

Os orixinais deberán remitirse por correo electrónico a esta dirección de correo electrónico: relatofilosofico@filco.es.

O prazo para o envío de textos está aberto ata o 31 de marzo de 2023

Requisitos
Os participantes deberán ter entre 18 e 30 anos (ambas as idades incluídas) e a extensión dos textos deberá ser entre 8000 e 12000 palabras. Deben ser relatos que aborden preguntas, correntes ou dilemas filosóficos.

Dotación
O premio para o gañador consiste na publicación do relato baixo a cabeceira LIBROS DE FILOSOFÍA&CO + un pack de libros de contido filosófico.

 

Máis Información
relatofilosofico@filco.es | Bases convocatoria