Bolsas de posgrao en Europa, América do Norte e Asia-Pacífico

01 Dec 2022

A Fundación "La Caixa” convoca 100 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de investigación superior do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte ou Asia-Pacífico.

Os estudos son de máster, doutoramento ou proxectos predoctorales de investigación científica e técnica.

Para participar no proceso de selección, as persoas candidatas deben cumprir, entre outros, cos seguintes requisitos:
- Ter a nacionalidade española ou portuguesa.
- Acreditar un nivel avanzado do idioma no que se cursarán os estudos de destino.

Dispoñer dun título de grao concedido por unha universidade española (candidatos/as españois) ou universidade portuguesa (candidatos/as portugueses). Os estudos de grao deben de finalizarse entre xaneiro de 2014 e xullo de 2023.

Os candidatos que completasen estudos de grao no estranxeiro antes do inicio da bolsa non son elegibles.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de febreiro de 2023, ás 14 h da España peninsular.

https://fundacionlacaixa.org/es/becas-posgrado-extranjero-convocatoria