Convocatoria de concurso-oposición libre para elaborar unha listaxe de persoas candidatas para a provisión interina ou temporal de auxiliar administrativo.
INSCRICIÓNS: ata o 05/12/2022
REQUISITOS:
-Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto do Empregado Público. Así mesmo os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder ás Administracións Públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.
-Ter cumpridos 16 anos.
-Título de educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente, ou outros superiores.
-Estar en posesión do CELGA 3, ou equivalente. As persoas aspirantes que non acrediten o dito coñecemento da Lingua Galega deberán realizar unha proba específica.
PÁXINA WEB: www.carballo.org
CONTACTO: 981 704 100
Publicación: BOP 21/11/2022 (https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/11/21/2022_0000007184.pdf)