Persoal músico da Orquestra Sinfónica de Galicia: praza de Trompa Principal

30 Nov 2022

Convocatoria para a selección e contratación, mediante o sistema de oposición, de persoal músico da Orquestra Sinfónica de Galicia correspondente á praza de Trompa Principal. O sistema selectivo realizarase mediante o sistema de audición.

INSCRICIÓNS: ata o 05/12/2022

REQUISITOS:
-Ter nacionalidade española ou dalgún dos estados membros da Unión Europea, ou ben residencia legal en España. Os nacionais doutros Estados poderán acceder á convocatoria de acordo coas condicións establecidas no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
-Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
-Estar en posesión do título Superior de Música na especialidade de Trompa ou en condicións de obtelo na data en que se proceda á formalización do contrato indefinido, unha vez superado o período máximo de proba de 2 anos.
-Acreditación do coñecemento do idioma galego. En caso de non poder acreditalo, será esixible unha vez superado o período máximo de proba de 2 anos, a efectos de formalización do contrato indefinido no seu caso.

PÁXINA WEB: www.sinfonicadegalicia.com

CONTACTO: info@sinfonicadegalicia.com

Publicación: BOP 07/11/2022 (https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/11/07/2022_0000006825.pdf)