A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de informática (590107), Organización e proxectos de sistemas enerxéticos (590113), Procesos e produtos de téxtil, confeccion e pel (590120), Sistemas electrónicos (590124) e sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario (590), así como das especialidades de Equipos electrónicos (591202), Instalacións electrotécnicas (591206) e Sistemas e aplicacións informáticas (591227) do corpo de profesorado técnico de formación profesional (591). (código de procedemento ED003A)
INSCRICIÓNS: dende o 01/12/2022 ata o 09/12/2022
PREZO: 18,40€
REQUISITOS:
-Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A. Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.
-Posuír algunha das titulacións oficiais específicas de acceso ás especialidades convocadas na resolución desta convocatoria recollidas no Anexo II (corpo de profesores de ensino secundario) e no Anexo III (corpo de profesores técnicos de formación profesional) da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas.
-Posuír a formación pedagóxica e didáctica
-Acreditar o coñecemento da lingua galega. Celga 4...
PÁXINA WEB: www.edu.xunta.gal
CONTACTO: 981 545 445 / persoal.secundaria@edu.xunta.gal
Publicación: Resolución do 28 de novembro de 2022 (http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_apertura_listas_590-591.pdf)