Procedemento para cobertura de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de profesorado de escolas de idiomas, música e artes escénicas

30 Nov 2022

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Árabe (592002), Italiano (592012) e Xaponés (592013), do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, e das especialidades de Acordeón (594401), Arpa (594402), Clave (594405), Contrabaixo (594406), Frauta de bico (594411), Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco (594417), Viola da gamba (594432), Danza clásica (594436), Danza contemporánea (594437) e Caracterización e indumentaria (594442) do corpo de profesorado de música e artes escénicas (código de procedemento ED003A).
INSCRICIÓNS: dende o 01/12/2022 ata o 09/12/2022
PREZO: 18,40€
REQUISITOS:
- Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A. Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.
- Posuír algunha das titulacións oficiais específicas de acceso ás especialidades convocadas na resolución.
- Para o corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592), posuír a formación pedagóxica e didáctica.Con carácter xeral, máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas.
- Acreditar o coñecemento da lingua galega.

PÁXINA WEB:
www.edu.xunta.gal

CONTACTO: 981 545 445 / persoal.secundaria@edu.xunta.gal

Publicación: Resolución do 28 de novembro de 2022 (http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_apertura_listas_592-594.pdf)