Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado

22 Nov 2023

O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca a cuarta edición do Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado.

Poderán optar ao premio todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto e concederáselles igual importancia.

Os álbums deberán enviarse ao seguinte enderezo:
IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
Concello da Estrada
Praza da Constitución, 1
36680 A Estrada (Pontevedra)

O premio son 4.000 €.

O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 24 de febreiro de 2024.

BASES