XXIX Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro

29 Nov 2022

O Concello de Lalín en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, convoca a 29 edición nacional premio de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro.

O Premio "Álvaro Cunqueiro", que leva o nome do primeiro pregoeiro da Feira do Cocido, está considerado como o galardón máis importante do xornalismo gastronómico en España.

O prazo para a presentación de traballos  finalizará o 16 de xaneiro de 2023.

As obras deberán ser presentadas ben polo seu autor ou ben por terceiros ou entidades. As propostas que o permitan deberán enviarse en formato dixital ao correo electrónico: premiocunqueiro@lalin.gal ou en formato dixital á dirección postal do Concello de Lalín (Praza de Galicia, 1, 36500 Lalín).

Requisitos

Poderán participar escritores, xornalistas e particulares que publicasen artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías, comentarios, etc. en galego ou en castelán, nos distintos medios de comunicación, sobre temas relacionados coa gastronomía galega, en particular, e a gastronomía, en xeral, nos últimos 2 anos. Tales traballos deben inscribirse de maneira obrigatoria en calquera dos xéneros xornalísticos, non poderán ser premiados anteriormente e non poderá ser premiado 3 anos consecutivos un mesmo autor.

Ademais, poderán tomar parte os estudantes de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual que presenten os seus traballos académicos relacionados coa gastronomía.

Dotación

Premio, dotado con catro mil euros (4.000 €), ao mellor traballo xornalístico presentado entre todas as categorías, ao que poderán optar os escritos publicados en medios impresos; libros, obras, publicacións ou investigacións sobre gastronomía; as obras xornalísticas difundidas por radios e televisións; páxinas web con contidos dedicados á gastronomía ou obra gráfica (fotografía, historieta, etc.) publicadas en medios impresos.
Premio, dotado con mil euros (1.000 €) ao mellor traballo académico (prensa, radio, televisión e web) dedicado á gastronomía presentado por estudantes de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual de toda a xeografía nacional co fin de promover os novos valores da profesión xornalística.

 

Máis Información

Concello de Lalín, Praza de Galicia, 1, 36500 Lalín

premiocunqueiro@lalin.gal

Bases da convocatoria