Axudas ao teu proxecto empresarial

24 Nov 2022

A aceleradora ViaGalicia, espazo de emprendemento en Galicia impulsado pola Zona Franca de Vigo, vén de abrir a súa sétima edición para a recepción de proxectos.
O prazo está aberto ata o 31 de xaneiro de 2023 e seleccionaranse un total de 15 contribucións, que pasarán á fase de aceleración.

Obxectivos
O principal obxectivo do programa, ao que se incorporou nas últimas edicións a Xunta de Galicia, é “a aceleración de proxectos innovadores e invertíbeis, aos que se acompaña na súa validación, posta en marcha, financiamento e maduración”.
O Programa de Alto Rendemento ten unha duración estimada de 18 meses, desde o lanzamento da convocatoria. Combínase, baixo a supervisión dun equipo de expertos en emprendemento, unha serie de elementos, como son a formación, titorización, mentoring, un espazo de traballo en coworking e a achega de financiamento para iniciar o proxecto.

Cada edición consta de 6 fases: Convocatoria, Startup Day, Academia, Demo Day, Aceleración e Investors Day. Ao longo do programa, avalíanse os progresos dos equipos participantes coa finalidade de que os mellores proxectos sexan presentados a investidores e socios industriais.

Todos as persoas emprendedoras deben constituír a súa sociedade e comprometerse a ter unha presenza continuada en Porto do Molle durante o período de aceleración. Pactan con ViaGalicia e con Vigo Activo e XesGalicia un plan de acción e uns fitos que deben cumprir durante esta fase e que serven como obxectivos para comprobar a progresión do proxecto durante a súa estadía na aceleradora e a poder así recibir o financiamento que lle conceden Vigo Activo e XesGalicia.
Así mesmo, reciben unha subvención a fondo perdido de GAIN (Axencia Galega de Innovación).

https://www.zfv.es/viagalicia/downloads/bases-viagalicia-2022-v2-es.pdf