O meu corpo non minte: Obradoiro de movemento e meditación na OMIX de Ribadavia

23 Nov 2022

O Meu Corpo non Minte, obradoiro organizado pola OMIX de Ribadavia sobre movemento e meditación.

Se queres comezar o ano con novas enerxías, a través da meditación e do movemento do noso corpo reflexionaremos sobre as nosas vivenzas ao longo destes 365 días e marcarémonos novos propósitos para o ano que ven.

Cando?

10 de decembro das 17:00 h. ata as 19:00h.

Onde?

Auditorio na Casa da Cultura de Ribadavia, Rúa Celso Emilio Ferreiro, Nº 4, 32400 Ribadavia, Ourense
A partir de 18 anos.

O prazo para anotarte no obradoiro xa está aberto, podes realizar a túa inscrición cubrindo o seguinte formulario.

 

Máis información en omix.ribadavia@gmail.com