A construción da modernidade. A arte despois da Segunda Guerra Mundial ata os anos oitenta. Curso de arte, cultura e historia

23 Nov 2022

O Centro Galego de Arte Contemporánea organiza en Santiago de Compostela o curso "A construción da modernidade. A arte despois da Segunda Guerra Mundial ata os anos oitenta. Curso de arte, cultura e historia"

Do 17 xaneiro ao 6 xuño 2023
Martes de 19:00 a 21:00 h
Coordinación: Virginia Villar
Prazas: 150
Matrícula: 30€

O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de xaneiro.
As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com. Nela deberán indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Unha vez aceptada a solicitude, as persoas inscritas serán informadas sobre como realizar o pagamento.

Certificación: O CGAC expediralles un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 70 % das sesións.

Máis información sobre o curso