Explorer, conecta co teu futuro

23 Nov 2022

A Universidade da Coruña xunto ao Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE), convoca a XVI edición do programa Explorer, un programa de emprendemento xoven para proxectos en fase de preincubación de 10 países, sumando nesta nova convocatoria a EEUU. e Alemaña.

Este programa está dirixido a alumnado e titulados universitarios de 18 a 31 anos, que poderán formarse e adquirir as habilidades emprendedoras que axudan á súa empregabilidade, así como os coñecementos necesarios para construír e validar unha idea de negocio que contribúa a lograr os obxectivos de desenvolvemento sostible para o ano 2030.

Explorer, cunha duración de 12 semanas, permite aos participantes conectar cunha comunidade internacional, recibir formación online e presencial con metodoloxía “learning by doing”, mentoría por parte de expertos, validar a súa idea de negocio e desenvolver as habilidades necesarias para transformala nunha solución viable e sustentable.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de decembro de 2022.

As persoas interesadas en desenvolver a súa idea de negocio poderán acceder a toda a información en https://explorerbyx.org/ e deberán presentar a súa candidatura (soa ou en equipo cun máximo de cinco persoas).

Unha vez finalizado o proceso de formación, o alumnado que complete as actividades do programa recibirá un certificado de participación. Ademais, o proxecto que sexa seleccionado gozará dunha semana nun hub de emprendemento en Valencia en maio de 2023 co resto de Fellows Explorer.

Explorer é, ademais, unha comunidade internacional de networking baseada en sesións de resolución de dúbidas con expertos, alumni Explorer e a interacción en plataformas sociais. Nestes foros afiánzanse conceptos como validación dos modelos de negocio, proxeccións financeiras, creación de landing page o pitch comercial. Ademais, os participantes falan sobre emprendemento e amosan as súas ideas ante fundadores de startups e expertos de relevancia internacional.

https://explorerbyx.org/