Certame de Cartas de Amor “Bihotzaren Hitzak”. Palabras do Corazón

23 Nov 2022

A carta ou misiva constitúe por si mesma un xénero, e abundan obras literarias baseadas na comunicación entre personaxes. Coa intención de fomentar a comunicación de sentimentos e emocións e recuperar a riqueza do xénero epistolar, a área de Cultura do Concello de Barakaldo convoca o XXVIII Certame de Cartas de Amor “Bihotzaren Hitzak 2023”. (Palabras do Corazón)

Podes participar enviando unha carta por correo electrónico á dirección: bihotzarenhitzak@barakaldo.eus
Indica no asunto da mensaxe: XXVIII Certame de Cartas de Amor “Bihotzaren Hitzak 2023”.

prazo de admisión das cartas estará abearto ata 2 de xaneiro de 2023 ás 21:00 horas.

Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que o desexen, cun máximo dunha carta por categoría.

Premios
- Na categoría de Eúscaro:
Primeiro premio: 450€ e diploma
Accésit 1: 200€ e diploma
Accésit 2: 200€ e diploma

- Na categoría de Castelán:
Primeiro premio: 450€ e diploma
Accésit 1: 200€ e diploma
Accésit 2: 200€ e diploma

Máis información