Campaña en TikTok de sensibilización contra a violencia machista

22 Nov 2022

A Delegación do Goberno en Galicia lanzou na rede social TikTok unha campaña de sensibilización contra a violencia machista quen pon o foco na mocidade.

Fíxose un chamamento á xuventude de Galicia a participar na actividade: “Necesitamos a vosa axuda e contamos convosco para construír unha sociedade máis igualitaria”, reivindicou José Miñones, coincidindo coa publicación no perfil de Ireniusx en TikTok dun vídeo no que mostra a ilustración que creou a partir dos trazos que debuxaron Ada e Leo, unha alumna e un alumno do IES Fernando Wirtz da Coruña, durante o acto de presentación da iniciativa.

Unha vez publicado o vídeo, os usuarios de TikTok foron convidados a subir os seus propios vídeos contra a violencia de xénero coa etiqueta #25NGalicia e as mencións @ireniusx e @delgobgalicia, nos días próximos ao 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A Delegación do Goberno en Galicia animou ás mozas e mozos de 13 anos en diante a expresarse libremente a través TikTok, de forma individual ou en grupo, “xa sexa con palabras, cantando, bailando ou como prefiran, para dicir: non á violencia de xénero”.

https://www.tiktok.com/tag/25ngalicia?refer=embed