Actividades para a mocidade en Oleiros

21 Nov 2022

Dende as Casas da Mocidade de Oleiros - Portaberta e As Pedras - presentan o cartaz de actividades programadas para o mes de DECEMBRO.
Todas as actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

As actividades son:
09/12/2022 - OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO NEEDLE FELTING - AS PEDRAS - 17:30h a 19:30h.
16/12/2022 - OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO EMPAQUETADO CREATIVO - AS PEDRAS - 17:30h a 19:30h.
17/12/2022 - III TORNEO DE LEAGUE OF LEGENDS - VÍA ONLINE - 17:00h a 21:00h.
23/12/2022 - SAÍDA ÁS TERMAS E CIDADE DE OURENSE - 12:00h a 23:00h.
26, 27 e 28/12/2022 - CURSO DE MONITOR/A DE TRANSPORTE ESCOLAR - PORTABERTA - 16:00h a 21:00h.
27/12/2022 - OBRADOIRO DE COCIÑA DE NADAL - PORTABERTA - 17:30h a 19:30h.
30/12/2022 - CEA DE PRENOITEVELLA CON SORTEO - AS PEDRAS - 21:00h a 00:00h.

A INSCRICIÓN DE CADA ACTIVIDADE FINALIZA O DOMINGO ANTERIOR Á REALIZACIÓN DA MESMA.
Se che xorde algunha dúbida os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00; e o horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a xoves de 17:00 a 20:00; venres de 17:00 a 22:00 e sábado dende as 17:00 ate as 22:00 Portaberta e ata as 23:00 As Pedras.
Tamén podes estar ao tanto de todo o que facemos a través da conta de Instagram: @centrosmocidadeoleiros, na páxina de Facebook: Casas da Mocidade Oleiros ou na nosa web: centrosmocidadeoleiros.wordpress.com, na cal poderás estar ao tanto das actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...