XLVIII Certame Literario María Agustina

21 Nov 2022

Os Institutos de Educación Secundaria de Lorca convocan á mocidade de todaEpaña a participar no XLVIII Certame Literario María Agustina.

Establécense dúas modalidades:

Narración curta: de tema libre e con extensión máxima de 10 páxinas.
Poesía: un ou varios poemas de tema libre e extensión máxima de 100 versos.

O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o día 27 de xaneiro de 2023.

Os traballos enviaranse exclusivamente por vía telemática á dirección electrónica: mariaagustina.ieslorca@gmail.com

Poderán participar os mozos e mozas que o 28 de xaneiro de 2023 teñan entre 16 e 23 anos, con traballos escritos en lingua castelá.

Dotación
O xurado nomeado para o efecto outorgará os seguintes premios en cada unha das modalidades:
- Primeiro: 1.500 €
- Segundo: 1.000 €

Máis información: https://www.mariaagustina.es/bases