GalicianTunes

18 Nov 2022

GalicianTunes é a marca da promoción internacional da música galega, ideada como plataforma conxunta das institucións, empresas e asociacións profesionais do sector musical en Galicia.

Baixo este selo, a nosa música viaxa e está presente nas principais feiras e mercados musicais, en festivais internacionais e en xiras e concertos dos nosos artistas fóra de Galicia. Con esta mesma finalidade, edítanse periodicamente recompilacións musicais de carácter promocional, que reúnen para o público unha escolma das últimas novidades discográficas galegas.

Quen pode participar?
GalicianTunes.com é unha web promocional aberta a todos os artistas e grupos galegos de carácter profesional, calquera que sexa o seu estilo, así como a festivais e empresas que configuran a nosa industria musical.

Na plataforma son os propios artistas e grupos, empresas ou festivais os que xestionan os seus perfís.

Cales son os requirimentos?
Grupos e artistas: que sexan galegos ou residentes en Galicia. Excepcionalmente, tamén aqueles que aínda que non reúnan algunha das dúas condicións anteriores, se destaquen publicamente por unha especial contribición á promoción da cultura e da música galegas.
Insustria musical: empresas domiciliadas ou con establecemento operativo na nosa Comunidade que desenvolvan a súa actividade profesional dentro do sector da música.
Festivais: todos aqueles que teñan a súa sede principal en Galicia.

http://www.galiciantunes.com/GalicianTunes