Minuto de Silencio en Conmemoración do 25 de Novembro

17 Nov 2022

En conmemoración do  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Observatorio Galego da Violencia de Xénero convídalle  a gardar un minuto de silencio ás 12:00 horas do venres, 25 de novembro de 2022, en calquera punto no que se atope, en recordo e homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero e como mostra de repulsa ante un  problema estrutural,  que nos involucra a toda a sociedade.