Premio de Novela Curta “Alen”

17 Nov 2022

O Concello de Ares convoca o “I Premio Novela Curta Alen"
Poderán concorrer ao certame de novela curta todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/ou residencia.

Cada participante poderá presentar un único traballo en lingua galega orixinal e inédito, e nel aparecerá recollida a emigración galega preferentemente de alen mar, aínda que poderá referirse á de calquera outra lugar do mundo. Non é necesario que a novela teña como eixe a emigración, pero si que deberá formar parte da trama ou da vida dalgún dos seus personaxes.
A obra, cunha extensión mínima de 80.000 e máxima de 140.000 caracteres con espazos, presentarase por triplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara (tipo de letra Times New Román, tamaño 12), debidamente grampados ou encademados co título e pseudónimo, sen firma ou calquera outro elemento que poida ser identificador do/a autor/a. Deberá ademáis necesariamente incorporar un CD ou pendrive co arquivo dixital do texto en formato OpenOffice, Word, ou similar.

Premio: 2.000 €
O prazo de admisión dos orixinais estará aberto ata o 15 de maio de 2023.
Máis información no BOP da Coruña do 17 de novembro de 2022