Bolsas aeroespaciais

17 Nov 2022

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas" convoca bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico en materias e proxectos propios do Instituto

Requisitos:
Título oficial de formación profesional de grao superior, graduado, licenciado, enxeñeiro ou equivalentes, sempre que terminasen os seus estudos nos catro anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A contía individual da bolsa será de 14.400 € anuais para as bolsas dirixidas a graduados/as, licenciados/as ou enxeñeiros/as e de 10.800 € para as bolsas dirixidas a titulados en formación profesional de grao superior.
Os importes abonaranse por mensualidades, a razón de 1.200 € e de 7900 € brutos mensuais respectivamente

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de decembro de 2022 en http://sede.defensa.gob.es/acceda/ no enlace "Procedimientos" "INTA-Becas"

Máis información no BOE do 17 de novembro de 2022 e en http://inta.es/INTA/es/bolsa-de-empleo/becas/