XX Certame Universitario "Arquímedes", de Introdución á Investigación Científica

17 Nov 2022

O Ministerio de Educación convoca os premios do XX Certame Universitario "Arquímedes", de Introdución á Investigación Científica.

Beneficiarios/a:
Estudantes que acrediten estar matriculados durante o curso 2021-2022 de estudos oficiais de grao ou máster en universidades españolas.

Premios:
- Un premio especial "Arquímedes" do Xurado, dotado con 8.000 euros, ao mellor traballo que destaque polo seu impacto científico, tecnolóxico ou social en calquera das áreas.
- Un premio especial de 6.000 euros, ao mellor traballo de investigación na área da economía, conmemorativo do Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sostible 2021 (ONU)
- Catro primeiros premios de 6.000 euros cada un
- Catro segundos premios de 4.000 euros cada un
- Catro accésits plus de 3.000 euros cada un
- Once accésits de 2.000 euros cada un
- Premio ao mellor traballo de investigación sobre o cancro, dotado pola Fundación "Vencer o cancro", consistente en tres premios en metálico, un de 1000 euros ao mellor traballo de investigación sobre o cancro e dous accésits de 500 euros
- Tres premios para realizar estancias de dúas semanas de duración en centros de investigación do CSIC
- 6 premios de 2.000 euros aos profesores universitarios que haxan tutorizado cada un dos traballos galardoados cos catro primeiros premios e os dous premios especiais

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de decembro de 2022.
Máis información no BOE do 17 de novembro de 2022 e na web do certame