Encargado da Brigada Municipal de Obras e Servizos en Rábade

16 Nov 2022

Convocatoria procedemento de selección dunha praza de Encargado da Brigada Municipal de Obras e Servizos, persoal laboral temporal, mediante contrato de substitución por xubilación do actual titular da mesma.
A convocatoria e as bases aprobadas poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Rábade, na páxina web www.rabade.org e na sede electrónica municipal https://rabade.sedelectronica.gal
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte á data de publicación no BOP de Lugo.