Varias prazas en Vilasantar

16 Nov 2022

No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 187, do 30 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e no «Boletín Oficial da Provincia de Coruña» número 193 de 11 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases específicas que han de rexer a convocatoria para prover as seguintes prazas do persoal de persoal laboral fixo:
Unha praza de Axente TIC, xornada parcial, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Técnico en animación actividades deportivas, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Peón tractorista e mantemento, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Peón de mantemento, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Catro prazas de Auxiliar de axuda no fogar, xornada completa, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Unha praza de Auxiliar de axuda no fogar, xornada parcial, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Unha praza de Auxiliar de axuda no fogar, xornada completa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.


Publicouse extracto de convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 187, do 7 de novembro de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no «Boletín oficial da provincia da Coruña» e nos taboleiros de anuncios do Concello de Vilasantar.