V Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais

15 Nov 2022

O Concello de Brión convoca o V Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais

Poderán optar ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada, sempre que estea escrita en lingua galega.

A dotación económica do premio será de 7.000 euros e a edición da obra gañadora, que correrá a cargo de Edicións Positivas.

O tema e a extensión da obra será libre. As obras deberán presentarse exclusivamente en formato dixital.
Para participar, as persoas interesadas enviarán un correo electrónico a: premiolaudamuco@concellodebrion.gal indicando no campo asunto o texto V Premio Laudamuco. Á mensaxe anexaranse dous arquivos:
O Arquivo 1.- Texto da obra coa que se concursa en formato PDF. Este arquivo levará o seguinte nome: Obra. Título e pseudónimo ou lema elixido. Non poderá conter ningunha clase de sinatura ou identificación da autoría.
O Arquivo 2.- Plica en formato PDF

O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o día 3 de febreiro de 2023 ás 23:00 horas.

Máis información no BOP da Coruña do 15 de novembro e en https://www.concellodebrion.gal/gl/v-premio-laudamuco-para-textos-teatrais