Traballador/a Social en O Saviñao

11 Nov 2022

BASES PARA A SELECCIÓN DUN/DUNHA TRABALLADOR/A SOCIAL POR CONCURSO-OPOSICION E CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA SUBSTITUCIÓNS NO CONCELLO DE O SAVIÑAO.
As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de O Saviñao e presentaranse no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Máis información no BOP de Lugo do 11 de novembro de 2022.