Musigal, catálogo de grupos musicais profesionais

09 Nov 2022

A Deputación de Pontevedra crea Musigal, un catálogo de grupos da provincia de Pontevedra que se configura como o inventario de grupos e artistas profesionais de música que realizan as súas actuacións ou os seus concertos en lingua galega ou, no caso de ser instrumentais, que as súas pezas sexan de autoría galega.

O prazo de presentación de solicitudes de inclusión, baixa ou modificación de datos no Catálogo de grupos musicais profesionais Musigal da provincia de Pontevedra é do 15 de novembro ata o 1 de decembro de cada ano natural.

https://www.depo.gal/es/-/musigal