Nocturnia Outono 2022 na Coruña

09 Nov 2022

Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo servizo de Mocidade da concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, que recibe financiación do Ministerio de Sanidade e Benestar Social. Ofrece unha serie de actividades gratuitas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificar as vosas fins de semana.

Estas actividades realízanse nos meses de novembro e decembro 2022, con diferentes prazos de inscrición para cada actividade. O prazo de inscrición nas actividades está aberto ata o 10 de novembro de 2022 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalles un ollo a todas as actividades aquí.

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao esgotar as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez.

3. Para acceder as actividades será obligatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, o uso de mascarilla e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante.

4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización para menores actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

 

nocturniacoruna@gmail.com | www.coruna.gal/nocturnia | www.coruna.gal/mocidade