Bolsas Bogliasco (Italia)

09 Nov 2022

A Fundación Bogliasco convoca 50 bolsas de investigación artística e cultural. O fin destas bolsas é o fomento do traballo nun contexto internacional, multilingüe e próximo de artistas e académicos que se queiran beneficiar dun intercambio creativo.

A súa duración é de 32 ou 33 días e se programa durante os dous semestres do ano académico:
- Outono (mediados de setembro á terceira semana de decembro)
- Primavera (principios de xaneiro á terceira semana de maio).

Destínanse a persoas que mostren logros no ámbito académico e profesional que sexan artistas e académicos en investigación e que realicen traballos creativos no ámbito da arqueoloxía, arquitectura, danza, cinema/vídeo, historia, arquitectura da paisaxe, literatura, música, filosofía, teatro e artes visuais.

As bolsas inclúen unha pensión completa e aloxamento para os/ as bolseiros/ as.

Durante o desenvolvemento da bolsa, as persoas participantes contarán cun estudo para traballar. Estes, deberán facerse cargo dos custos dos materiais que vaian utilizar e do transporte ata o centro de traballo. As solicitudes entregaranse de maneira en liña achegando o formulario de solicitude, as tres cartas de recomendación, o currículo, tres traballos como mostra e unha descrición do proxecto que se quere levar a cabo, todo isto en calquera dos seguintes idiomas: español, inglés, italiano ou francés.

Prazo:
A súa aplicación está aberta para residencias durante o outono de 2023 e primavera de 2024 semestres.
A data límite de solicitude para ambos os dous semestres é o 1 de marzo de 2023.

https://www.bfny.org/es/home