Concurso Europeo de Fotografía "Iluminar os mozos con discapacidade"

09 Nov 2022

O Foro Europeo da Discapacidade (EDF) convoca o Concurso Europeo de Fotografía "Iluminar os mozos con discapacidade". O seu obxectivo é sensibilizar á sociedade a través da fotografía, amosando como os mozos con discapacidade viven a súa vida e son incluídos (ou excluídos) na sociedade. Búscanse imaxes que ofrezan unha nova perspectiva e retraten aos mozos e mozas con discapacidade como protagonistas da súa vida cotiá.

O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de novembro de 2022 ás 23.59 h 

Requisitos

Cidadáns ou residentes da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo de calquera idade.

Tódolos participantes deberán presentar:

Unha breve presentación en inglés que inclúa o nome do autor, cidade e país onde a foto foi tomada.
Unha copia da Autorización de cesión de dereitos asinada pola persoa que tomou a fotografía e a persoa ou persoas que aparezan na fotografía.
Unha única imaxe en alta resolución (300ppp) acompañada cunha breve descrición ou un representación gráfica (cómic, ilustración, debuxo...)

Premios

1º premio: 500 €
2º premio: 300 €
3º premio: 200 €

 

www.edf-feph.org | Correo-e: natalia.suarez@edf-feph.org