“Marchando para Arzúa” de Paula Francos Anllo “Marchando para Arzúa” de Paula Francos Anllo

Concurso do cartel anunciador da 48ª festa do queixo de Arzúa 2023

09 Nov 2022

O concello de Arzúa busca un cartel para anunciar a súa 48ª festa do queixo.

Poderán participar persoas maiores de idade de calquera nacionalidade.
O orixinal deberá medir 50×70 cm. Cada autor/a poderá participar cun máximo de 3 traballos, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital, sempre que estes sexan orixinais. Recoméndase presentar o traballo sobre soporte ríxido de cartón pluma ou similar e con sistema para colgar.

A obra debe presentarse impresa, sen sinatura de autor/a, que limitará a súa identificación a un lema ou ao título da peza. Debe acompañarse dun sobre pechado coa obra en formato dixital -CD/USB-, unha breve explicación, e os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico.

Os orixinais deberán enviarse á Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo 33, 1º. 15810 Arzúa. (Edif. Sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal)

O prazo para presentar obras estará aberto ata o 12 de decembro e 2022 ás 14:00 h.

Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela do 19 ao 23 de decembro de 2022 e os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2023 (de 18:30 a 20:30 h), así como nas datas da festa. A obra elixida como 1.º premio será o cartel anunciador da 48.ª edición.

Premios:
1º premio: 600 €
2º premio: 300 €
3º premio: 100 €
4º premio (votación popular): agasallo especial

https://arzua.gal/bases-concurso-de-carteis-anunciadores-da-48-a-festa-do-queixo-2023/