Proxecto inclusivo no Conservatorio da Coruña para alumnado con necesidades educativas especiais

09 Nov 2022

A Consellería de Educación convoca con carácter experimental, un proxecto inclusivo para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais ás ensinanzas elementais de música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

O proxecto vai dirixido ao alumnado con necesidades educativas especiais, escolarizado en centros ordinarios ou de educación especial, co correspondente ditame de escolarización, que se considere apto para seguir as ensinanzas musicais de grao elemental. O alumnado deberá ter a autonomía suficiente para desenvolverse no centro sen precisar asistencia individual de persoal docente e/ou non docente.

O proxecto terá unha duración de dous cursos académicos.

Máis información o DOG do 9 de nvembro de 2022