Concurso de ensaio Obxectivo África

08 Nov 2022

Casa África convoca o concurso de ensaio Obxectivo África

Poderán solicitar o premio aquelas persoas maiores de 18 anos, autoras de ensaios inéditos escritos en español, inglés, francés ou portugués, que versen sobre o tema relacionado co continente africano desta convocatoria.
A convocatoria deberá versar sobre a temática da saúde en África e o seu vínculo co desenvolvemento humano, así como a incidencia da COVID 19 e outras enfermidades no desenvolvemento económico e social africano.

Premio: 2.000 euros
Prazo: ata o 14 de abril de 2023 ás 14.00 horas.
Máis información en http://www.casafrica.es/es e no BOE do 8 de novembro de 2022