Axudas para promover o acceso ao emprego público das persoas con discapacidade

04 Nov 2022

A Fundación Once convoca un Programa de Axudas para Promover o Acceso ao Emprego Público das Persoas con Discapacidade

A finalidade deste programa é facilitar e incentivar o acceso das persoas con discapacidade á Función Pública, mediante a concesión de axudas económicas que permitan sufragar parte do custo económico que supón para as persoas con discapacidade a preparación dunhas oposicións, garantindo así a igualdade de oportunidades de todas as persoas no acceso ao emprego público.

O programa concede axudas de ata 5.000 euros, para que persoas con discapacidade con titulación universitaria leven a cabo a preparación das probas selectivas de acceso a corpos ou escalas do grupo de clasificación profesional “A” (A1 ou A2) da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais.

https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasOposiciones.aspx