Subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais

04 Nov 2022

A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais

Estas axudas están destinadas a cubrir o investimento dedicado á transición verde e transformación dos espazos escénicos e musicais que impulsen un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión.

As accións que se financiarán son as seguintes:
a) Modernización de sistemas dixitais de audio e comunicacións en rede.
b) Modernización dos sistemas de iluminación dixital.
c) Modernización dos sistemas de vídeo dixital.
d) Modernización dos sistemas de xestión dixital de maquinaria escénica.
e) Modernización das ferramentas e sistemas dixitais de xestión artística e de produción de espectáculos nos recintos escénicos e musicais.
f) Modernización e rehabilitación de edificios para a súa adaptación ao cambio climático.

Entidades beneficiarias desta convocatoria:
- As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarias ou posuidoras de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.
- As entidades públicas que integran a Administración local e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario CT404E
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de decembro de 2022
Máis información no DOG do 4 de novembro de 2022 e na web da Axencia Galega das Industrias Culturais: http://agadic.gal