Desafío á mocidade emprendedora

31 Out 2022

O Challenge para mocidade emprendedora convida a mozos e mozas de entre 16 e 25 anos, cunha visión innovadora no emprendemento tecnolóxico, a compartir os seus proxectos nun pitch-vídeo de 60 segundos.

As propostas deben:

- Ser un proxecto en fase de preparación (que aínda non está en funcionamento), ou non levar máis de 3 anos en funcionamento e ter unha facturación anual inferior a 100.000 £ o 1 de febreiro de 2023
- Non ter fins de lobby político.
- Ser ideas orixinais que non infrinxan o copyright, os dereitos de patente ou a propiedade intelectual de terceiras persoas.

Premios
10.000 libras esterlinas/11.000 euros de financiamento para a creación do proxecto e unha formación personalizada para acelerar a idea.
Os finalistas recibirán 1.000 libras esterlinas de financiamento para o seu proxecto.
Unha entrada para a Global One Young World 2023 en Belfast, Irlanda

Prazo ata o 23 de xaneiro de 2023

https://youngentrepreneurschallenge.com/