Talleres de Nadal ao CGAC para os máis cativos

28 Out 2022

Volven os Talleres de Nadal ao CGAC para mergullarnos, xunto aos máis pequenos, na arte contemporánea desde a experimentación e o desfrute.

Nesta ocasión, o centro acolle dous talleres inspirados na exposición Camiños III, que servirá como punto de partida para xogar cos movementos e sensacións do noso corpo, explorar conceptos como o camiñar, experimentar con materiais da natureza e entender a importancia de coidar o medio ambiente.

Imaxinar a paisaxe
27, 28 e 29 de decembro
Horario: 11:00-13:00h
Para nenas e nenos de 7 a 9 anos
Prazas: 15

Un mundo por percorrer
3, 4 e 5 de xaneiro
Horario: 11:00-12:30 h
Para nenas e nenos de 4 a 6 anos
Prazas: 15

Inscrición:
Os talleres son de balde. As solicitudes de inscrición poderán presentarse do 2 de novembro ao 29 de decembro de 2022 ás 13:00 h enviando unha mensaxe de correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal

https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/talleres-de-nadal-2022-centro-galego-de-arte-contemporanea