Bolsas para teses doutorais

25 Out 2022

A Fundación Ramón Areces ten como obxectivo fundamental o fomento da investigación científica e técnica de excelencia en España a través de axudas de investigación, a formación de mozos e mozas investigadores/as, así como na difusión, o fomento e o desenvolvemento da educación e da cultura científica en xeral.

A Fundación desexa colaborar na formación de persoas que desexen iniciarse na investigación científica, financiando contratos para a realización de teses doutorais en programas de doutoramento de universidades e outros centros de investigación españois que teñan por obxectivo a consecución do título de Doutor/á partir de xaneiro do ano 2023.

Axudas:
- Axudas Fundación Ramón Areces para a realización de Teses Doutorais en Ciencias Sociais.
- Axudas Fundación Ramón Areces para a realización de Teses Doutorais en Ciencias da Vida e da Materia.

Prazo de presentación de solicitudes: entre o 21 de outubro e o 22 de novembro de 2022.

Requisitos
1. Acharse en posesión do título de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado/a universitario/a, cun grao de polo menos 240 créditos ECTS (European Credit Transfer System), no momento de presentación da solicitude. Nesta convocatoria darase preferencia aos candidatos que obtivesen estas titulacións entre 2018 e 2022.
2. Estar matriculado/a ou admitido/a en un programa de doutoramento presencial nunha universidade ou centro de investigación cuxa sede social estea en España ou, non estando matriculados ou admitidos no programa de doutoramento mencionado no momento de presentar a solicitude, estar en disposición de ser admitido/a de forma previa á data en que se formalice o goce da axuda.
3. Non estar en posesión dun título de doutor/a nin gozar previamente dun contrato predoctoral.
4. Os solicitantes deberán contar cunha nota media no seu expediente académico correspondente á licenciatura, o grao ou título equivalente superior a 2 na escala 0-4 (Aprobado-1, Notable-2, Sobresaliente-3, Matrícula de Honra-4). A nota media do expediente será o resultado da aplicación da seguinte fórmula: suma dos créditos obtidos polo alumno/a, multiplicado cada un deles polo valor das cualificacións que correspondan, e dividida polo número de créditos totais obtidos polo alumno/a

Dotación
A dotación económica total percibida polo investigador ascenderá a 35.000 euros brutos anuais e incluirá as cargas sociais a cargo da universidade ou centro de investigación. Cada ano abonaranse 14 mensualidades, correspondendo dúas delas ás pagas extraordinarias de decembro e xuño.

https://www.fundacionareces.es/fundacionareces/es/becas-y-ayudas/convocatorias/