Ismael Ramos, premiado en Xuventude Crea 2020, galardoado co Premio Nacional de Poesía Nova "Miguel Hernández"

10 Out 2022

Ismael Ramos Castelo, premiado en Xuventude Crea 2020 na modalidade de Poesía, foi galardoado co Premio Nacional de Poesía Nova "Miguel Hernández", correspondente ao ano 2022, pola súa obra "Lixeiro", (Editorial: Xerais, en galego), "Ligero", (Editorial La Bella Varsovia en castelán), a proposta do xurado.

O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros.

O xurado destacou a súa obra "pola potencia da súa imaxinación poética, capaz de emprender un canto xeracional entoado desde un desencanto reconciliado que conxuga ironía e nostalxia".

Ademais, o xurado sinalou que como "bo coñecedor da tradición poética contemporánea, Ismael Ramos ofrece una proposta desprovista de afectación e moi depurada lingüisticamente que conforma una sorte de épica vivencial de ton á vez transcendente e lixeiro".

Ismael Ramos foi premiado en Xuventude Crea 2020 na modalidade de Poesía

Podes encontrar as súas obras na Rede de Bibliotecas de Galicia ou podes compralas en moitas librarias de Galicia usando o teu Carné Xove para obter un desconto.