Presentación de proxectos para Noites Abertas en Pontevedra

03 Out 2022

O Concello de Pontevedra abre a XXIII Convocatoria de presentación de proxectos para Noites Abertas.

Ábrese o prazo ata o 20 de outubro de 2022. Como nestas últimas edicións, actívase un formulario on line a través do cal podedes facer a vosa proposta en https://noitesabertas.gal

Antes de cubrir o formulario coa vosa proposta, consulta a información da convocatoria descargando o pdf que hai no formulario. Nese documento atoparedes información de datas e criterios que deben reunir as propostas.

https://apuntate.pontevedra.gal/propostas_noitesabertas2023/